Hoxe, ás 10.30 horas, comezará a terceira edición da Carreira Popular Concello de Muxía, na que están inscritos 568 participantes.
O Policía Local da localidade, Manel Blanco , informou: «O horario das carreiras afectarán a circulación na localidade desde as nove da mañá á unha da tarde», e aclarou: «Non se cerrará o acceso e saída do tráfico a Muxía, solo permanecerá cerrado un tramo do Paseo Marítimo, situado na calle Marina, debido a instalación do arco de saída e meta».
O axente tamén informa: «En todo momento o circuíto transcorre por varias rúas da zona urbana e por carreteiras provinciais de acceso ao Santuario Virxe da Barca e ao campo de fútbol municipal Arliña».
A proba de 10 quilómetros será a primeira, para seguir a infantil, cadete e xuvenil, así como a de tres quilómetros (11.45), benxamín e alevín (12.15) e concluír cos máis pequenos (12.30).