Superada a barreira dos 600 atletas inscritos para disputar a terceira edición da Carreira Popular Concello de Cee, prevista para hoxe na localidade.
O alxerino Abdelkader, actual campión da proba, e a mazarica Rocío Alvite son os grandes favoritos para a proba reina de 10 quilómetros. De todos os xeitos, tanto Martín Regueira (Laxe) como Míchel Antelo (Vimianzo) non deron a última palabra e serán duros adversarios do máximo candidato. Tamén están César Vázquez (Zas) ou Javier Seoane (Carballo). O que fará da competición, que tamén é puntuable para os circuítos Deputación e Costa da Morte, unha proba moi interesante.
Na categoría feminina, Rocío Alvite podria seguir sumando unha vitoria máis tras as conseguidas en Camariñas, Vimianzo, Dumbría e Zas, que son as as probas que levan disputadas ata este momento das dez do circuíto Correndo pola Costa da Morte. A vencedora do pasado ano, Vanessa Lafuente, investiu 42 minutos e 57 segundos. O percorrido será igual que o do ano pasado, no que Abdelkader investiu un tempo de 24 minutos e 30 segundos. Seguiulle Míchel Antelo (34:47), Alberto Carou (34:50) e Javier Seoane (35:04). Os participantes deberán dar tres voltas a un circuíto, mentres que os da carreira curta (3K) darán unha volta. A saída, do mesmo xeito que todas, estará fronte ao Concello de Cee, e os corredores emprenderán o percorrido por varias rúas da localidade irán ao porto de Ferroatlántica e regresarán ata pasar por diante do hospital Virxe da Xunqueira.