A sétima edición do circuíto CorreSan ten a súa segunda cita este sábado coa proba da Ruta dá Prata- Angrois.
Son máis de seiscentos os atletas inscritos, entre os que tramitaron a súa participación para todas as carreiras, ademais da San Silvestre, e os que só queren participar nesta. Os máis atrasados aínda poden apuntarse hoxe e mañá ata a media noite, a través da páxina web
www.carreirasgalegas.com.
Os máis pequenos serán os primeiros en tomar a saída, ás 18 horas, para completar un trazado de pouco máis dun quilómetro. Ás 18.15 será a quenda para escolares 2, con circuíto de 2,4 quilómetros. E ás 18.45 darase o pistoletazo de saída aos adultos, que deberán completar 5,2 quilómetros.
A saída e a meta están instalados no Camiño Real de Angrois. Os deportistas tamén deberán pasar por Camiño do Limpadoiro, Lamas de Abade, Divina Pastora e Canteiras do Sar.