Máis de 600 deportistas disputan hoxe en Nigrán a popular carreira pola praia "Nigrán Area", a maioría deles na categoría absoluta. Un ano máis, o Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Deporte Galego, ofrecen esta carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca. A proba dará comezo ás 10.00 horas.
Fonte: www.farodevigo.es