sábado, 18 de agosto de 2018

MÁIS DE 700 DEPORTISTAS CORREN XUNTO AO MERO (Fonte: www.laopinioncoruna.es)

Máis de 700 corredores de distintas categorías participaron na  XXIX Carreira Popular  Concello de Cambre, que se celebrou na contorna do río Mero o día 15.

A proba, unha clásica dentro do circuíto de carreiras na provincia, tivo como gañador absoluto a Raúl Fernández Hernández, con 26 minutos e 24 segundos na proba dos 7,5 quilómetros e como primeira clasificada feminina a Rocío Alvite Ferreiro, con 30 minutos e 5 segundos. Ademais, ese mesmo día celebrouse a final do  XLVI Torneo Municipal de Fútbol.


Fonte: Fonte: www.laopinioncoruna.es