A media tarde do luns un total de 830 persoas xa formalizaran a súa inscrición a tomar parte na trixésima edición do Memorial Adolfo Ros, Volta á Ría, que se disputará o domingo, día 13 deste mes de decembro.
A organización desta competición rota entre os concellos polos que discorre a carreira, Ferrol, Narón, Neda e Fene. Nesta edición tócalle a quenda ao Concello de Narón polo que a proba se iniciará nas inmediacións do Centro de Lecer Odeón, onde tamén estará situada a liña de meta.
A saída está prevista para as dez da mañá do domingo e o percorrido da carreira é a distancia dun medio maratón 21.097 metros.
Aínda que haberá unha proba para menores, cun percorrido moito máis pequeno, no medio maratón tan só se permite a participación de afeccionados maiores aos 16 anos.
A inscrición para tomar parte na proba custa catro euros e estará aberta ata o día 10. Todos os interesados en formalizar a súa inscrición poderán facelo na
web