xoves, 5 de abril de 2018

MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE ATLETAS PERCORRERÁN CARBALLO ESTE SÁBADO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A cuarta carreira De dous en dous pechou onte inscricións con 509 deportistas anotados, unha cifra «fantástica» que a converte na edición «con maior participación», apuntou Asun Vázquez, a presidenta do club Atletismo Carballo, organizador do evento. Así, as vías de Carballo encheranse este sábado de vitalidade a partir das 19.45 horas, cando se producirá o arranque dunha das probas desde a rúa Gran Vía.

Son moitas as peculiaridades que caracterizan a esta proba. A máis clara, que é nocturna. A máis diferente, que é por parellas, converténdose na segunda nesta modalidade que se celebra en Galicia. E as máis especiais, que é inclusiva, podendo correr calquera persoa con diversidade funcional, así como solidaria, a favor de Cruz Vermella e Cáritas de Carballo.

Fonte: www.lavozdegalicia.es