Máis de medio milleiro de persoas –565 inscritos e 505 corredores– animáronse onte a participar na primeira edición da carreira social e solidaria, “O Muro”, na que, baixo o lema “ Non é non” pretendíase e conseguiuse poñer o acento na loita contra esta secuela social.
Mulleres de todas as idades, e tamén moitos homes, percorreron os cinco quilómetros polas rúas do centro da cidade neste evento, que pretende ter continuidade e que aposta por acabar coa desigualdade entre mulleres e homes.
Camisetas moradas co lema do día e tamén algunhas negras, da campaña “Ferrol en negro” demostraron que a cidade naval aposta firmemente pola loita contra a violencia de xénero, o alcalde, Jorge Suárez, habitual das carreiras populares, tomou parte no acto.