domingo, 10 de setembro de 2017

MAIO E NIMO TRIUNFARON NO GALEGO DE MEDIA MARATÓN. (Fonte:www.lavozdegalicia.es)

O porto de Aguiño foi o punto de saída do Campionato de Galicia de Medio Maratón, que se celebrou en Ribeira.

Ás 10.00 horas, os máis de 300 atletas que participaron na proba comezaron a percorrer un circuíto que constou de 21,097 quilómetros. Bordeando a costa, os corredores chegaron de Aguiño ao centro urbano da capital de Barbanza. Alí deron dúas voltas a un trazado de, aproximadamente, oito quilómetros. Pedro Nimo foi o máis rápido na categoría masculina, mentres que Manuela Maio foi a primeira muller en cruzar a meta.

Nimo afrontou o primeiro paso por Santa Uxía encabezando xa a competición. O compostelán marcou un tempo de 30.05 no ecuador da proba. Nese momento, Manuel Furtado e Elías Domínguez xa mantiñan unha encarnizada loita pola segunda posición. Finalmente, foi Furtado quen, por tan só dez segundos de diferenza, fíxose co subcampeonato. O vencedor empregou unha hora e nove segundos para acabar a proba.

No apartado feminino, Maio impúxose cun crono dunha hora e 22 minutos. Sofía Freaza, que ía primeira no quilómetro dez, e Mónica Celeiro foro segunda e terceira, respectivamente.

Fonte: www.lavozdegalicia.es