Ao redor de 400 persoas daranse cita na IV Carreira Solidaria da piscina municipal de Muros. Na categoría raíña presentarase un bonito duelo entre os muradáns Manuel Dosil e Pablo Monteagudo (xuvenil). Ambos os dous encóntranse nun bo estado de forma, como así o reflicte o 2º posto de Dosil na Carreira das Areas de Carnota e a vitoria de Monteagudo na 21ª edición da Carreira a pé do Canle en Lira, polo que vai ser unha proba moi disputada na que contaremos con dous deportistas moi motivados que loitarán polo triunfo na súa vila.
Na modalidade feminina, a corredora do club santiagués Urbans Runners Club, Tina Fernández tamén buscará facerse coa vitoria.
A xornada completarase co programación dunha andaina e as carreiras das categorías menores (chupete, benxamín, prebenxamín, alevín, infantil e cadete).
Horarios:
10.00 h. - Andaina
10.30 h. - Infantil e cadete
11.00 h. - Sénior, veterano e xuvenil
12.00 h. - Prebenxamín
12.15 h. - Benxamín
12.30 h. - Alevín
12.45 h. - Chupete
Cómpre subliñar o carácter solidario do evento xa que parte da recadación será doada a unha ONG.
Ademais os/as máis pequenos/as contarán con inchables durante toda a xornada.