Manuel "Furacán" Hurtado foi segundo no Media Maratón do Campionato de Europa Máster. O atleta da Sociedad Gimnástica conseguiu un segundo posto no Media Maratón ao chegar á meta en 1 h:09:53. Ao atleta lucense acompañáronlle no pódium o italiano Salvatore Gambino, que quedou primeiro; e o portugués Nelson Oliveira, que foi terceiro.
Con esta medalla de prata, Hurtado pechou a súa participación no Campionato de Europa de forma brillante; xa que o pasado venres tamén conseguiu unha segunda posición nos 5000 ml. Desta forma, Furacán Furtado pecha a tempada ao grande.