luns, 11 de setembro de 2017

MANUELA MAYO E PEDRO NIMO, CAMPIÓNS GALEGOS DE MEDIA MARATÓN

O Concello de Riveira sería o encargado de organizar o XXVII Campionato de Galicia de Media Marathon que tería  lugar esta fin de semana sobre un circuito homologado de 21.097 km. 

Nesta proba de ruta e cunha participación de preto de catrocentos atletas, os gañadores absolutos serían Pedro Nimo  do Clube 3&Run by PedroNimo na categoría masculina cun rexistro de 1.09.20 e María Manuela Mayo do Clube atletismo Sar cun rexistro de 1.22.33. Xunto a eles no podium, e compartindo postos de honra, estarían os atletas Sofía Freaza e Mónica Granero asÍ como Manuel Hurtado e Elias Domínguez.

Por clubes o trunfo correspondería nos homes para a formación que lidera o atleta homólogo, o Clube 3&Run by Pedro Nimo sendo o título galego no apartado feminino para o Comesaña Sporting Clube