luns, 15 de setembro de 2014

MARALBA RUNNING FEST014: O DEPORTE E GASTRONOMÍA, UNIDOS.

O marisco e o Albariño, dous elementos básicos na gastronomía galega, únense no nacemento da MARALBA Running Fest014. Unha nova media maratón que se desenvolverá entre O Grove e Cambados o próximo domingo 28 de setembro e que terá os manxares mariños e o viño branco máis recoñecido como protagonistas.

Unha festa do running que crea nunha época onde os afeccionados abarrotan as carreiras populares e que servirá para que todos os corredores gocen do deporte no mellor marco posible: as Rías Baixas.

As praias, as augas termais e os produtos do mar converten a vila do Grove nun dos puntos de interese turístico máis coñecidos de Galicia. Será o punto de saída nos anos pares, mentres nos impares a quenda será para Cambados. A recoñecida como a Capital do Albariño leva centos de anos ligada á cultura do viño e conta ademais cun Museo Etnográfico e do Viño, un dos primeiros creados en España. A MARALBA Running Fest014 provocará unha explosión de sabor coa alianza dos dous elementos máis famosos da gastronomía destes concellos.

Serán 21 quilómetros e 97 metros de sufrimento, pero tamén de contemplación dunha paisaxe única. A MARALBA Running Fest014 será un evento novidoso para todos e que se irá consolidando conforme pasen os anos. Aínda que sen dúbida, hai algo que está claro, ninguén escapará da tentación de ver o marisco, o Albariño e o deporte unidos por primeira vez.

Inscríbete (aquí)