A cidade da Coruña volvía vivir unha mañá de atletismo coa celebración da terceira edición do Maratón Coruña 42 que a súa vez era Campionato Galego Absoluto e Veterano. O bo sabor de boca deixado o ano pasado aumentou as expectativas a nivel popular o que supuxo nesta ocasión que 3000 atletas se inscribiran nas dúas carreiras que se celebrarían os 42.195 metros do maratón e os 10 km da carreira popular.
En abril do 2013 puidemos ver a calidade de Javier Guerra proclamándose Campión de España cunha marca de 2.12.21 conseguindo o debut soñado dun maratoniano, o atleta do Bikilaenfrontouse a un combativo Pedro Nimo que correu co apoio incondicional dos afeccionados coruñeses para parar o cronometro en 2.14.55.
Nesta terceira edición de novo o Concello, a Federación e os Clubs da cidade envorcáronse nun evento destas características que supoñía como calquera maratón un reto para todos aqueles que se colocaron na liña de saída, situada na zona da Mariña ás 9 da mañá. Con algo de vento nas zonas próximas a Riazor e unha temperatura de 10 graos se presaxiaba unha boa mañá de atletismo.
O atleta salmantino Rafael Iglesias del Club Adidas, cuarto en terras coruñesas no mes de febreiro no Campionato de España de media maratón con 1.04.38 viña con intención de baixar de 2.13, para iso contaba co bronce no Campionato de España de Media Maratón Jesús Antonio Núñez del Club Bikila que lle marcaría o ritmo ata pasado o ecuador da proba. Rafael Iglesias disputaba o seu noveno maratón acreditando marcas de prestixio como os 2.10.44 logrados no ano 2009 en Donosti.
Dende o primeiro quilómetro vanse os dous atletas, Jesús Antonio Núñez e Rafael Iglesias marcando un ritmo de 3.09 nos primeiros sete quilómetros por detrás a un minuto aproximadamente corre en solitario o atleta C.D Corredores Fabero, Alejandro Martínez e no seguinte grupo irán cinco atletas entre os que se encontra Elías Domínguez o favorito a gañar o título de Campión Galego, con el van o portugués Daniel Silva, e os atletas galegos Oscar Lugris e Miguel Mayan. Por detrás vanse formando grupos comandados por atletas que lles van marcando o ritmo, o máis numeroso aqueles que buscan baixar de 3 horas.
En canto ás mulleres é a atleta Sonia Prieto del Club Atletas 97 a que impón un ritmo máis forte pasando o quilómetro 7 con 20 segundos de vantaxe sobre a galega Sonia Teijeiro del Ourenrunning, coa ausencia da gañadora do ano pasado María Jesús Gestido con 2.40.23 o título de Campioa Galega parecía a priori decantarse pola atleta Sonia Teijeiro.
O circuíto discorría pola zona dos cantóns xirando na Casa do Mar para a continuación a través da Rúa Juana de Vega saír ao Paseo Marítimo, o público acompañaba aos atletas especialmente nas zonas de Riazor e a Mariña, mentres, os voluntarios encargábanse dos avituallamentos e de preparar a entrada en meta dos atletas, ao longo do circuíto tamén se podía gozar de diversas actividades como a actuación de grupos locais en diferentes puntos.
Os atletas populares ían encontrando os seus grupos e ritmos de carreira co obxectivo en moitos casos de finalizar a proba o que non lles impedía animar o resto de atletas e en especial a Rafael Iglesiasque perseguía o seu obxectivo de baixar de dúas horas e trece minutos. No transcurso da proba non houbo demasiados movementos nos 6 primeiros postos soamente o atleta portugués Daniel Silva foi aumentando progresivamente o ritmo distanciándose de Elías Domínguez e recortándolle o segundo clasificado Alejandro Martínez. O atleta do Bikila Jesús Antonio Núñez retiraríase para que Rafael Iglesias continuase en solitario a parte final do maratón o que se lle fixo costa arriba a pesar do seu esforzo e o apoio do público. En categoría feminina a atleta que encabezaba a carreira, Sonia Prieto veríase superada por Sonia Teijeiro a partir da metade da proba, en terceiro lugar Silvia Rodríguez del Ourenrunning, seguida de Begoña Feijoo e Teresa Corrales del Atletismo Monte Segade.
O ritmo de cabeza ía diminuíndo reflectido no rostro de sufrimento de Rafael Iglesias que cruzaba a meta lonxe do seu obxectivo en 2.15.58 lamentándose diso e a pesar de encontrarse nun sensacional estado de forma, segundo Alejandro Martínez con 2.24.51 e terceiro o atleta portugués Daniel Silva con 2.25.17. En canto aos galegos Elías Domínguez sería o primeiro con 2.26.51 cuarto da xeral seguido de Miguel Mayan con 2.30.42 e Cayetano García con 2.35.29.
A vencedora e Campiona Galega sería Sonia Teijeiro con 3.05.51 seguida de Sonia Prieto e Silvia Rodríguez, esta converteríase en subcampiona galega e Teresa Corrales sería a terceira atleta galega en cruzar a meta situada na Praza de María Pita.
De forma paralela ao maratón presenciamos unha carreira de 10 quilómetros nos que a gran protagonista sería unha vez máis Paula Mayobre, a atleta de Ares logrou un excepcional rexistro de 34.02 o que demostra que está a un gran nivel nas probas de ruta, en canto aos homes vencería o salmantino Jesús Galache con 32.21 sendo segundo e terceiro os dous atletas do Club Marineda Aziz Fathi con 32.39 e Adrián Moreno con 32.51.
En resumo, de novo a cidade da Coruña albergaba unha proba atlética de nivel e con gran participación popular, o circuíto é rápido o que anima os atletas a acudir a esta cita e o traballo dos organizadores permite mellorar ano tras ano converténdose nunha cita imprescindible no calendario galego e nacional.