luns, 24 de xaneiro de 2022

MATOGRANDE REANUDA O CIRCUÍTO CORUÑA CORRE (Fonte: www.dxtcampeon.com)

O barrio de  Matogrande deu o pistoletazo de saída á novena edición do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Con récord de rexistrados na primeira proba da campaña, máis de 1.800 participantes, e nunha mañá fría, pero asollada, a cidade volveu vibrar co deporte ao aire libre, co deporte de todos.

Sobre un percorrido de 7,1 quilómetros con saída e chegada no colexio Liceo A Paz e pasando por vez primeira na historia da carreira polas pistas do estadio Universitario de Elviña, a carreira de  Matogrande lanzouse ás 10.00 horas en categoría absoluta.
E os primeiros en chegar foron Alejandro Diego Montero, do Club Atletismo Narón, vencedor con 23:20 por diante do dorsal número 1, Abdelaziz  Fatihhi (23:40), que chegou coxeando tras sufrir unhas molestias durante o esprint final, mentres que Álvaro Marín (23:43) completou o podio absoluto.
Na proba feminina gañou Uxía Rodríguez (28:27), con medio minuto de vantaxe sobre Barca Toba (28:58), segunda, e máis dun minuto por diante de Ángela Torrente (29:36), terceira.

Matogrande celebrou a chegada de todos os participantes. Coruña Corre outra vez.