xoves, 7 de decembro de 2017

MAYOBRE E OSORIO GAÑAN AO FRÍO NO CROS PONTÉS (Fonte: www.diariodeferrol.com)

Máis de 200 deportistas secundaron, a pesar das frías condicións meteorolóxicas, a segunda edición do Cros Vila dás Pontes que se disputou na mañá de onte na  carballeira da Fraga.

O ferrolán Pedro Osorio –Ría– e a  aresana Paula  Mayobre –Clínica Seoane Pampín– inscribiron o seu nome como os vencedores absolutos da cita, tras cubrir os 5.500 metros en 18:47 e 22:04 minutos, respectivamente.  Maikel Rodríguez – Budiñoraid– e Inés  Bereijo colgáronse a prata, mentres que o bronce foi para Antonio  Teijido – Verxel– e  Karola  Böhme – Verxel–. Esteban e Isabel Díaz Pérez – Trieume e  Olympo– foron os mellores locais, ocupando a décima e a sexta praza en masculino e feminino.

Na competición xuvenil, os ouros foron para o ferrolán Aldo Rey –Ría– e a sadense Alba Méndez, cos locais Samuel Dopico e  Valentina  Araoz –Ría– prata e a pontesa Cristina Souto, bronce, tras o percorrido de 3.000 metros. Na cita de dous quilómetros, dirixida a cadetes, Sara  Bogo –Soria– e o  valdoviñés Hugo  Prida foron os máis rápidos, estando acompañados no podio por Andrea López –Cedeira– e Ana  Vallines –Lourenzá–, e Hugo Branco – Colexio Santa María As Pontes– e  Antón García – Olympo–-

As medallas da comarca en infantil chegaron da man de  Sheila Barro – Olympo– e Lara Ríos –Náutico Narón–, segunda e terceira clasificadas. Máis claro foi o dominio local en alevín, co pontés  Destaw  Pellón e a fenesa  Aroa González cruzando a liña de meta en primeiro lugar. Diego González –Ría–, Antonio Graña – Olympo– e Alba Pena –Narón– tamén lograron medalla. Os  benxamín ponteses Lucas Branco e  Xandre  Domíngez foron primeiro e segundo, do mesmo xeito que Aitana López e  Saleta Barro.