martes, 30 de maio de 2017

MAYOBRE E PENA LOGRAN VENCER EN SAN SADURNIÑO (Fonte: www.diariodeferrol.com)

A aresana Paula Mayobre e Amador Pena -Vagalume- colgáronse o ouro na IV Carreira Popular Concello de San Sadurniño, terceira das citas do II Circuíto Corre polo norte.

Cun trazado moi accesible de cinco quilómetros, estes dous deportistas subíronse todo o máis alto dun podio no que tamén estiveron Antonio Liébanas -Baiona- e José Miguel Gómez ?Escola Paula Mayobre?, no masculino, e por Inés Bereijo -Ría Ferrol- e Valentina Araoz -Fragas- no feminino. Cabe destacar que Pena asinou un rexistro de 16:05, mellorando en once segundos o do pasado ano. Pola súa banda, Mayobre fíxose co ouro cun tempo de 17:28.

Base

A competición tivo así mesmo citas dirixidas aos máis novos deportistas, con circuítos na Cortiña. En benxamín, Javier Picos, Gabriel Romeu e Alba Morais ocuparon o podio nesta categoría. Marcos Domínguez, Alba García e Icía Salgado levaron así mesmo as súas medallas nas probas masculina e feminina. Na competición de Escolares A, sobre 1.000 metros, Inés Arroyo e Manuel Piñeiro foron os máis rápidos, con Juan Lozano e Marcos Margharetto -Mayobre-- e Marta Saavedra e Irene Galdo tamén no podio.

Fonte: www.diariodeferrol.com