sábado, 30 de xullo de 2016

MAZARICOS ÚNESE AO CIRCUÍTO «CORRENDO POLA COSTA DA MORTE» (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O veciño municipio de Mazaricos únese por primeira vez ao circuíto Correndo pola Costa da Morte no que participan outros nove concellos da zona. Esta tarde, a partir das 18.45 horas cos benxamíns e alevíns, dará comezo as carreiras que se pecharán coa absoluta 10 k ás 20.00 horas.
No medio dispútase tamén a 3k especialmente dedicada á loita contra o cancro.