mércores, 18 de marzo de 2015

MediaSan DO CAMIÑO. A RUTA ANCESTRAL

MediaSan do Camiño. A ruta ancestral

A 24 días do medio maratón MediaSan 2015 que unirá os Concellos de O Pino e Santiago de Compostela, a proba medra pouco a pouco gañando novos participantes que desexan unirse a este proxecto organizado pola Federación Galega de Atletismo e ambos concellos.

Rexistradas máis de 3000 visitas na web www.mediasandocamino.com nas primeiras semanas da súa vida, a proba ofecerá os participantes un entorno magnífico e inigualable que percorrererá parte da ruta que millóns de peregrinos percorren cada ano polo Camiño de Santiago. 

A principal novidade desta edición será a chegada á Praza do Obradoiro, a guinda que lle faltaba a unha primeira edición que resultou un éxito organizativo segundo os testimonios dos propios corredores. 

MediaSan 2015 presentarase a vindeira semana no Concello de Compostela e entrará deste xeito na recta final dun evento que pretende chegar fora das nosas fronteiras galegas.

Xa te podes apuntar no sitio web www.mediasandocamino.com onde poderás ver o spot promocional do evento e visitar os perfiles en redes sociais (Facebook / Twitter).