luns, 30 de marzo de 2015

MEDIASAN OFERTA TODO TIPO DE SERVICIOS PARA O CORREDOR

A falta de días para a celebración da Medio Maratón do Camiño de Santiago que unirá o Concello de O Pino e o Concello de Santiago, compre facer un repaso a todos os servicios que esta proba ofrece para o corredor:

  • Estudo da pisada (cortesía de Centro Comercial Compostela El Corte Inglés) nos días de recollida de dorsal e bolsa de corredor.

  • Servicio de roupeiro na saída e meta.

  • Servicio de autobuses para o traslado a Saída na localidade de Arca.

  • Camiseta e bolsa de corredor.

  • Servicio de fisioterapia cortesía de Clínica de Fisioterapia FisioRehab.

  • Agasallo finisher personalizado (ver foto).

Todo luxo de detalles para unha proba que pretende convertirse nunha das referentes de Galicia e que ten o obxectivo de expandir as fronteiras galegas ao tratarse do camiño francés a Compostela.

Máis información en www.mediasandocamino.com