A terceira edición da carreira e andaina contra o cancro da Rúa, prevista para o domingo 6 de maio, xa ten padriño. Miguel Arias, cantante natural de Arcos, será o encargado de dar o pregón e o pistoletazo de saída a esta actividade solidaria cuxos fondos serán donados á AECC para contribuír á investigación sobre o cancro de mama.
Con saída e meta na Estación de Autobuses, o percorrido será duns 7 km pola ribeira do Río Sil e un tramo urbano. Está organizada polo Club Atletismo Rúa coa colaboración de comercios de todo Valdeorras, do Concello da Rúa e Protección Civil.