A carreira popular de Monterrei volverá reunir o vindeiro domingo a un importante número de deportistas. Trátase dunha proba con 10 quilómetros de percorrido, homologada pola Real Federación Española de Atletismo, á que onte estaban inscritos 150 corredores, segundo díxose na presentación celebrada en Ourense.
O rexedor, José Luis Suárez, destacou que con esta cuarta edición buscan estabilizar a proba (que o ano pasado foi homologada e incluída no circuíto galego) «para ver as posibilidades de futuro desta carreira, que pode servir de preparación para a San Martiño». Ás 11.15 horas sairán os participantes na categoría absoluta, nunha proba na que poderá participar xente de todas as idades, polo que haberá varias saídas desde as 10.30 horas.
Fonte: www.lavozdegalicia.es