domingo, 10 de setembro de 2017

MONTES E MARTÍNEZ, GAÑADORES DA NOCTURNA DE XINZO (Fonte: www.laregion.es)

Fernando Montes e Aída Martínez foron os gañadores da Carreira Popular de Xinzo, unha das citas clásicas do panorama atlético ourensán.

Montes fíxose co triunfo na cita masculina cun tempo de 20:12, quince menos que o segundo clasificado, o local Ziad Nagihi, e 35 que Cástor Salgado, ambos os do Limiactiva.