venres, 19 de xaneiro de 2018

NACE UNHA PROBA PARA GOZAR DO ATLETISMO E AS PAISAXES DE CARBALLO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O deporte consolidouse nos últimos anos como un filón para captar a un novo perfil de turista: o que goza da paisaxe e a gastronomía a través de diferentes disciplinas. E en Carballo toman bo nota da repercusión deste tipo de iniciativas e porán en marcha unha moi nova: o Trail Carreira de monte Razo-Carballo, coordinada pola agrupación Media Ducia en colaboración co Concello.

Aquí o importante non é gañar, que tamén, senón de facer deporte «en grupo, cos amigos e gozar do entorno», como explicou onte o alcalde, Evencio Ferrero, durante a presentación do trail.

A proba disputarase o 4 de febreiro (domingo), a partir das 9.30 horas. E para que poidan ir tanto os adoitados a estas lidees como os que só practican o atletismo de forma moi puntual e esporádica, Media Ducia habilitou dous circuítos, cun desnivel máximo de 300 metros, segundo avanzou José Tomás Vales, Teito, integrante de Media Ducia. Un, denominado curto, de 10 quilómetros, entre a chaira de Razo e o campo de fútbol do Vinculeiro, en Cances. O segundo suma 30 quilómetros de trazado e é, talvez, o máis espectacular. Saíndo da chaira de Razo, os corredores atravesarán a costa ata a subida de Monte Neme. ao chegar á cima deste emblemático monte, os participantes baixarán ata chegar ao Anllóns, e de aí, a Carballo. Martina Tasende, de Media Ducia, animou ás mulleres a sumarse a esta iniciativa, á que xa confirmaron a súa presenza unhas 40 atletas. O prazo de inscrición concluirá o 29 e o custo de anotación é de 5 euros. Ata a data son 170 os inscritos e prevese alcanzar os 200. Marcos Trigo, edil de Deportes, aproveitou o acto de presentación para anunciar que «a idea do Concello é que haxa unha segunda proba e que se consolide despois no tempo». Pola súa banda, o técnico de Deportes municipal, Manuel Varela Bardanca, analizou os pormenores desta cita. Dixo que haberá controis de avituallamiento nos puntos quilométricos, 5, 10, 15 e 20. Que se habilitarán unhas duchas para os participantes, e o que non termine a carreira será recollido por un autobús.

Pero non só a área de Deportes coordina esta nova cita. Gozar desta magnífica contorna leva un respecto polo medio ambiente, polo que se habilitará persoal para recoller os residuos, envases e a sinalización nos dous trazados para deixar todo limpo e recolleito.