Cunha moi alta participación se saldaba esta nova edición do Cross da Rúa. Un día de sol, cun circuíto en boas condicións e sen barro esperaba aos numerosos atletas de diferentes idades e diversos puntos da xeografía galega que se daban cita no Aguillón na mañá do 15 de xaneiro. O único que se botaba en falta era algo máis de público animando aos deportistas. A competición comezaba rozando ás once da mañá coas categorías base na final comarcal escolar.
Logo competían os cadetes, os xuvenís, veteranos e absolutos (tanto femininos como masculinos), xa que esta cita era ademais campionato galego de campo a través de veteranos e campionato provincial de cross-Copa Deputación.
Os corredores pertencían a un total de 34 clubs. Entre eles estaba o Club Adas Proinor cunha notable participación, pero tamén outros equipos da provincia como o Burgas Ourense, o Ourenrunning, o Ourense Atletismo.
Fotos: Carlos G. Hervella.