luns, 29 de maio de 2017

NICOLÁS ARROJO E MARÍA HURTADO GAÑAN EN FRIOL (Fonte: elprogreso.galiciae.com)

Gran ambiente o vivido na xornada deste domingo en Friol con motivo da quinta edición da Carreira Popular Concello de Friol, e onde máis de 400 deportistas de todas as categorías gozaron dun fantástico ambiente deportivo. Nicolás Arrojo (Lucus Caixa Rural) e María Hurtado (Escola Atlética Lucense) fixéronse coa vitoria absoluta e alzábanse co título por primeira vez na devandita localidade.

O pupilo de Mariano Castiñeira cubría os 5 quilómetros dos que constaba a proba cun crono de 15.31 minutos, mentres que María Hurtado alzábase co triunfo cun tempo de 19.16 minutos. Gustavo Pratas (Lugo Running By Ramos Lourés) foi o segundo en meta cun tempo de 16.10 minutos, mentres que Rubén Castro (Verxel Nutrición Deportiva) ocupaba o terceiro escalafón do podio ao marcar un crono de 16.40 minutos.

Polo que se refire ao podio feminino, a atleta da Pontenova, Ana Belén González (Hospital Polusa) era segunda cun crono de 19.55 minutos e a nova atleta local María Carballido (Atletismo Friol) lograba o terceiro posto no seu debut na distancia cunha marca de 20.02 minutos.
Podio masculino: Gustavo Pratas e Rubén Castro acompañaron no podio a Nicolás Castro

Os gañadores dos distintos grupos de idade da carreira absoluto foron Angel Martínez (Atletismo Friol), María Souto, David Míguez (Monumental Lugo), Karina Pasarín (Montepenarubia), José Manuel Curral (Verxel), Pepe Anxo Sánchez (Fluvial Lugo), Mari Luz Basanta (Monumental Lugo), Miguel Fernández (Monumental Lugo), Enma Igrexas (3 Run), Higinio Rodríguez (Fluvial Lugo), Manuel Vila e Juan Citoula (Fluvial Lugo).

MENORES.
Numerosa a participación dos atletas das categorías inferiores no evento da localidade de Friol. Así, na categoría prebenjamín, vitoria para os lucenses Gabriel García, Antón Santos e Alex Rodríguez, mentres que no apartado feminino, dominio das locais Rebeca Vázquez, Grace Gainsford e Alba Meñán.

Xa na categoría benjamín, Ramón Loureiro (Atletismo Friol) alzábase coa vitoria por diante de Rodrigo Pumares (Colexio Cervantes) e do tamén local Mateo Villar. Aldara Ceide (Atletismo Friol) gañaba a proba feminina, sendo segunda Safya Moumni (Colexio Cervantes) e terceira Noa Mouriz (Atletismo Friol).
Moita participación: as probas para os máis pequenos foron moi concorridas

Polo que se refire á categoría alevín, os integrantes de Friol, Héctor Trabado, Mateo Aguiar e Mario Campo lograban as tres primeiras posicións respectivamente, mentres que o lucense Ronsel Díaz (Lucus Caixa Rural) alzábase co triunfo no apartado feminino por diante de de Rebeca Arias (Atletismo Friol) e de Sara Paz.

Os locais Juan David López, Javier Lourés e Gael Martínez ocupaban as tres primeiras posicións na categoría infanril, mentres que no apartado feminino dominio de Nerea Ferías (Cangas de Narcea), por delantes das atletas de Friol, Leire Santos e Andrea Espiñeira.

Por último, na categoría cadete, Cristian Santos (Atletismo Friol) era o máis rápido en entrar en liña de meta, seguido dos seus compañeiros de equipo Noel Villarábide e Samuel Castedo. Entre as mulleres, Noelia Sánchez (Atletismo Friol) gañaba a carreira por diante da súa compañeira Lucía Varela.