mércores, 28 de decembro de 2016

NOTA DE PRENSA: XII CARREIRA DE FIN DE ANO 2016 ARES-MUGARDOS

Os Concello de Ares e Mugardos, a través das súas Concellarías de Deportes, informan de que a partir de mañá xoves, será posible retirar o dorsal da Carreira de Fin de Ano 2016, que terá lugar o vindeiro sábado día 31 de decembro, ás 11h con saída e chegada á pista exterior do CEIPS As Mirandas de Ares. Cabe dicir que son 478 os inscritos na presnte edición da proba.

Por elo, calqueira participante que se teña inscrito ( lembrar que o prazo de inscrición rematou onte) poderá recoller o seu dorsal, nos días e horas que seguen, no local das Alianzas Aresanas na Praza da Igrexa de Ares:
XOVES 29 E VENRES 30: de 10 a 13h. e de 16,30 a 18,30h.

Igualmente será posible retirar o dorsal o mesmo día da proba, dende ás 8,30h. na pista exterior do CEIPS  As Mirandas de Ares. Dende a Organización recoméndase encarecidamente que para non acumular retraso na saída prevista ás 11h. se retiren os dorsais nestas datas previas ou o mesmo día con suficiente antelación.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.
Ares, a 28 de decembro de 2016.
O Concelleiro de Deportes,



Asdo. J. Eugenio Fdez Lago.