venres, 28 de outubro de 2016

«NUNCA É TARDE PARA CALZARSE AS ZAPATILLAS E APUNTARSE AO RUNNING» (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

En plena carreira electoral cara á presidencia da Federación Española de Atletismo, Isidoro Hornillos Baz fai parada en Ferrol para participar no ciclo Nove vos venres ás nove. O velocista olímpico, profesor de INEF e presidente da Federación Galega de Atletismo, estará esta noite no Club de Campo para falar sobre O fenómeno do running.

-¿A que cre que se debe recente febre polas carreiras?
-Trátase dun fenómeno que xurdiu en Estados Unidos a finais dos anos 60, por mor da publicación dalgúns estudos, como o Aerobics de Cooper, que demostraba a súa eficacia para previr enfermidades cardiovascular. A España chegou moito máis tarde, pero implantouse con moita forza porque, ademais de ser bo para a saúde, o running beneficia a socialización, resulta moi económico, tan só hai que investir nunhas boas zapatillas- e os avances ven en pouco tempo, o que motiva moitísimo.

-¿Pódese empezar a calquera idade?
-Nunca é tarde para calzarse as zapatillas e apuntarse á moda do running. Iso si, hai que facelo con cabeza. As persoas obesas é mellor que empecen camiñando rápido, porque con sobrepeso o impacto da pisada é máis grande e hai máis risco de lesións. En xeral, hai que iniciarse con prudencia e ritmos baixos e ir aumentando a resistencia aos poucos. Tamén é aconsellable buscar a alguén cualificado para dirixir o adestramento e facerse un recoñecemento médico antes de botarse a correr por si houbese algunha contraindicación.-

¿O ‘running' está a favorecer ao atletismo de competición?
-Sen ningunha dúbida. O running é patrimonio do atletismo e unha canteira de novos atletas. Ademais, fomenta hábitos de vida saudable e está demostrado que nos países onde se practica máis deporte a xente vai menos ao médico e, polo tanto, o aforro no gasto sanitario é maior.