domingo, 5 de novembro de 2017

NUNO COSTA E ESTER NAVARRETE GAÑAN A VIGO +11 (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Nuno Costa e Ester Navarrete inscribiron o seu nome por primeira vez no palmarés da Vigo +11. Os dous gañaron con contundencia. O portugués deixando polo camiño a Iván Roade, o atleta que máis lle aguantou, e a viguesa marcando diferenzas coa tamén local Sandra Mosquera desde o paso por Praza do Rei. A cita, unha clásica dentro do calendario de populares de Vigo reuniu a máis dun milleiro de atletas entre todas as carreiras.
Nuno Costa asinou unha semana redonda. O domingo pasado impúxose na popular de Santiago e sete días despois fíxoo na súa primeira comparecencia na Vigo +11. Explotando a dureza da proba e marcando o paso desde a primeira zancada. Ata que quilómetro seis aguantáronlle Gonzalo Basconcelo e Iván Roade, pero o portugués afincado na comarca de Santiago xa fixo en solitario a segunda parte do percorrido para plantarse na meta con 19 segundos de vengaja con respecto a nigraniense Iván Roade, que entrou a continuación, sendo o céltico Bosconcelo o encargado de completar o podio.
 
A proba feminina foi un man a man entre Ester Navarrete e Sandra Mosquera ata que á altura do Concello de Vigo a nova atleta do Barcelona decidiu dar un cambio de ritmo e marchar en solitario. A excéltica, admitiu que enfundarse por primeira vez a camiseta do Barça (a de quecemento porque aínda non ten a de competición) fixo especial a proba porque a mellor maneira de celebrar un cambio era cun triunfo que terminou por ser incontestable. Sandra Mosquera entrou na segunda posición e Sofía Freaza completou o podio.

Antes da cita absoluta celebráronse carreiras para os máis pequenos nun día ideal para a práctica do atletismo nas rúas máis céntricas. A Vigo +11 é a única proba que organiza a delegación da federació