Nuno Costa e Ester Navarrete fixéronse esta mañá cos primeiros postos da carreira popular Vigo+11 O Corte Inglés, incluída dentro do circuíto Run Run do Concello e unha das importantes do calendario de atletismo vigués.
Iván Roade, Gonzalo Basconcelo complejan xunto a Costa o pódium masculino mentres Sandra Mosquera e Sofía Freaza fan o propio co feminino.
A carreira que reunía a preto de 1.300 participantes, 900 deles pertencentes á categoría absoulta, arrincaba pasadas as 11:20h desta mañá para completar os case 11 quilómetros de percorrido. Con esta nova edición, a proba continúa consolidándose como unha das citas de referencia en Vigo.