Nuno Costa e Paula Mayobre foron os vencedores na categoría absoluta da sétima edición da carreira pedestre de Oroso, que se celebrou cun gran éxito de participación e asistencia de público.
Despois da proba absoluta celebráronse as carreiras das categorías inferiores, nas que os nenos e nenas competiron nun ambiente de gran deportividade. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, deu a saída da proba, que contou, en palabras do concelleiro de Deportes Luís Rey, « cun alto nivel. Ou gañador dá proba, Nuno Costa, viña de gañar a VigBay hai uns días».
O Concello de Oroso agradeceu o esforzo e o traballo de Protección Civil de Oroso, os voluntarios e voluntarias dos clubs deportivos, Tambre Bike, a asociación cultural e deportiva Troitamundos, e o servizo de limpeza municipal, que traballou pola noite para que a zona estivese nas mellores condicións.