Nuno Costa, do Tambre Bike & Running, e Paula Mayobre González, do Atletismo Clínica Dental Seoane Pampín, foron os gañadores da quinta edición da carreira pedestre popular do Concello de Frades, proba na que participaron 402 atletas.
O portugués Costa parou o crono en 26 minutos e 12 segundos tras 8,6 quilómetros. O segundo posto foi para Anxo Castro Varela, cun tempo de 27 minutos e 34 segundos. Terceiro foi o marroquí Akka Essaadoui, con 27 minutos e 53 segundos.
Na categoría feminina, Paula Mayobre venceu con 29 minutos e 52 segundos, nunha proba na que suma catro triunfos en cinco anos. O segundo posto foi para a debutante Esther Rodríguez Díez, con 31 minutos e 26 segundos. Terceira foi María Jesús Gestido, con 31 minutos e 52 segundos.
Fonte: www.lavozdegalicia.es