Á vez que o Maratón Coruña42, celebrarase unha carreira paralela popular de 10 quilómetros, que sairá tamén do Cantón Grande ás 08.45 horas, e cuxo circuíto tamén se atopa homologado pola Real Federación Española de Atletismo. A proba, que percorrerá o litoral coruñés desde a zona do porto até a Torre de Hércules, pasado polas Ánimas e Menhires, contará coa presencia do atleta olímpico Abel Antón, dobre Campión do Mundo en Maratón (Atenas 1997 e Sevilla 1999) e Campión de Europa de 10.000 metros en Helsinki 1994.
O prazo de inscrición para esta proba, no seu primeiro tramo, tamén se ampliará, coma no caso de Coruña42, até o 31 de marzo ou ata chegar as 1500 persoas inscritas. Este grupo pagará 5 euros, mentres que as persoas que formalicen a súa inscrición do 1 ao 10 e abril aboarán unha cota de 10 euros. Extraordinariamente, habilitarase un novo prazo de inscrición os días 11 e 12 de abril,e a cota de participación pasará a ser de 15 euros.