sábado, 11 de marzo de 2017

O CARBALLIÑO DA A SAÍDA DA CARREIRA DE 102 QUILÓMETROS QUE ACABA EN SANTIAGO (Fonte: www.farodevigo.es)

A emblemática Praza da Veracruz despide ás 7.00 horas de hoxe aos participantes nos 102 quilómetros Camiño de Santiago desde O Carballiño. A chegada á capital de Galicia está prevista para xusto 24 horas despois. Esta proba, que non ten precedentes en Galicia, aínda que si en León e Madrid, é unha primeira experiencia que organiza o Club de Atletismo do Carballiño para o que hai atletas estranxeiros inscritos así como procedentes de distintos puntos de España como As Palmas, Madrid e Asturias, entre outros. 

En canto ao resto do calendario atlético do fin de semana, o Concello de Madrid organiza o 28º campionato de España de veteranos en pista cuberta no polideportivo municipal Gallur. Ata alí desprazaranse os atletas do Club Ourense Atletismo Javier Viteri, Esther Bouso e Emilia Mesa, que tomarán parte en diversas competicións. Polo Adas do Barco, acoden tres veteranas e catro veteranos. Mónica Yáñez competirá en combinadas, altura e 60 valos W35; Iria Fernández 3.000 e 1.500 W35; Raquel Lameiro, lonxitude e triplo W40; Luís Nogueira, lonxitude, tripla e peso M60; José Manuel Bao, 60 e 200 M65; Fernando González, 200 e 400 M 65 e Luís Campos, 100 e 200 M45. 

Tamén haberá representación ourensá na undécima Carreira Popular de Atletismo Interrunning Piñeiro Concello do Porriño, sobre 10 quilómetros. A saída darase ás 10.00 horas do domingo desde cálea Domingo Bo, quedando a meta instalada no mesmo punto.