martes, 31 de xaneiro de 2017

O CONCELLO DE A BAÑA AGARDA XA POLO ALEJANDRO LORENZO

Esta fin de semana o Concello coruñés de A Baña dará acollida unha das grandes citas do campo a través, como é a do Memorial Alejandro Lorenzo que cada ano se desenvolve na memoria do que fora gran adestrador e dinamizador do atletismo ourensán e galego. Esta importante cita, que ademáis é Campionato de Galicia de Cross Corto por equipos, asi como Campionato Cadete e Xuvenil, xuntará no seu circuito as categorías de benxamín ata infantil no que pretende ser a gran xuntanza de cross das categorías inferiores.

O evento dará lugar as 11.55 horas do domingo ca saida das cadetes para remetar sobre as 13.50 h. ca última das probas reservada para o galego por equipos senior-promesa homes.

Hoxe as 20.00 horas remata o prazo para poder tomar parte nesta importante cita e na que se poderá facer a través do enlace da intranet da RFEA

  • CIRCULAR DO CAMPIONATO DE GALICIA DE CROS CURTO POR EQUIPOS (Aquí)
  • CIRCULAR DO CAMPIONATO DE GALICIA CADETE E XUVENIL (Aquí)
  • CIRCULAR DO MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO DE CATEGORÍAS MENORES (Aquí)