mércores, 15 de xuño de 2016

O CONCELLO DE BEGONTE ORGANIZA A SÚA PRIMEIRA CARREIRA POPULAR (Fonte: www.terrachaxa.com)

O Concello de Begonte organiza o próximo 3 de Xullo de 2016, a I Carreira Popular Concello de Begonte sobre unha distancia de 5000 metros aproximadamente.

Inscricións
A inscrición poderase realizar a través da pasarela de pago ensartada na páxina online da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com que estará operativa dende ata as 23:59 horas do 29 de xuño de 2016. O prezo será de 5 euros para a carreira absoluta; mentres que para o resto de categorías e todas as persoas empadroados no Concello de Begonte será gratuíta. Así, os adultos empadroados no Concello de Begonte non poderán inscribirse a través de www.carreirasgalegas.com; xa que a inscrición gratuíta só se consegue inscribíndose únicamente na Casa da Cultura ou no Concello de Begonte ou a través do teléfono 982 396 012. 

Premios
Haberá trofeo e premio metálico para os cinco primeiros clasificados e clasificadas da proba absoluta masculina e feminina: 200 euros para os vencedores absolutos, 150 para os segundos clasificados, 100 euros para os terceiros, 75 euros para os cuartos clasificados e 50 para os quintos.

No resto de categorías obterán trofeo os tres primeiros clasificados e clasificadas. E, ademais, obterán trofeo e agasallo o primeiro atleta local das categorías masculino e feminino. Os premios e trofeos non son acumulativos.