O vindeiro sábado 29 de xuño celebrase a 4ª edición do Trail Nocturno de Boborás, unha fermosa cita que partirá da Ponte da Cruz, enclave histórico do Concello de Boborás, e rematará no polideportivo municipal do municipio.
As inscricións estarán abertas ata o vindeiro xoves 27 de xuño ás 23:59 horas
(ligazón)
A proba entra dentro da especialidade do Trail Running e forma parte do calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.