A I Carreira Popular de Cospeito, organizada polo Concello coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, da Xunta de Galicia e de varios patrocinadores -SD Muimenta, CF Cospeito, BTT Lagoa de Cospeito, Game Sport, Panadería Rozas, Facenda Farruquiño, Autocares Darriba e Autocares Suso Vigo-, celebrarase o próximo 5 de maio.
O prazo de inscricións xa está aberto e os interesados poden anotarse nesta cita en www.carreirasgalegas.com ata o día 2. Todo o diñeiro que se recade destinarase á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
Haberá unha proba absoluta, cuxo circuíto de 14 quilómetros arrincará ás 11.00 horas de Muimenta e levará aos participantes ata a capitalidade municipal de Feira do Monte, onde se instalará a meta.
Fonte: www.elprogreso.es