O Concello de Monterrei acollerá o día 5 de novembro a cuarta edición da carreira popular do municipio cun percorrido de 10 quilómetros, homologados pola Real Federación Española de Atletismo. O evento foi presentado onte pola mañá no Pazo Provincial, acto no que participo, Manuel Dova,; o asesor de deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde e o responsable do Concello de Monterrei, José Luis Suárez e Marcos Meno, respectivamente; o delegado da Federación Galega en Ourense, Manuel Branco: o presidente da Asociación Deportiva Lima Activa, Óscar Gómez e o responsable de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso.
A saída da proba será ás 10.30 horas para a categoría infantil e cadete cun percorrido de 1.000 metro, ás 11.15, será para a categoría absoluta cun percorrido de 10 quilómetros. Espérase a presenza de moitos atletas que estean presentes na proba.