A décimo primeira edición da carreira pedestre popular do Concello de O Pino que se celebrará o domingo 4 de maio na localidade de Arca-O Pedrouzo, abrirá o II Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
A proba pinense cun palmarés destacable, conta con gañadores da categoría de Lolo Penas (gañador de 7 edicións), Alejandro Fernández, Hassan Lekhili, Robertas Geralavicius, Rocío Rodríguez, María Abel, María Jesús Gestido, Marisa Barros ou Dorotea Peixoto.
As probas darán comenzo ás 10 horas coa disputa do canicross popular, proba tradicional nesta carreira pedstre, e a continuación sucederanse a proba absoluta (10.45 horas), e as categorías escolares que se irán sucedendo a contiuación...
Haberá premios individuais e premios a clubes, ademais de numerosos agasallos por participación.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 30 de abril ás 22 horas. Poderán realizar as inscricións nesta web.