O covid abriu unha paréntese no Cros de Antioquía, que non celebrou a súa edición de 2021, pero a proba que se celebra no Hipódromo de Antela reaparecerá no calendario invernal o próximo 6 de febreiro, sobre unha distancia que roza os sete quilómetros. A inscrición está aberta, a través da páxina web https:// sportmaniacs. com/é ata as 23.59 horas do próximo día 2.
Trátase dunha proba moi esperada na comarca, tras o obrigado parón do ano anterior, chegando por fin á súa terceira edición, con boas expectativas con respecto ao número de participantes.
A hora fixada para o percorrido campo a través é a das 11.00 horas, nunha proba organizada pola Asociación Deportiva Limiactiva, coa colaboración dos Concellos de Xinzo de Limia e Sandías, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Hipódromo de Antela e a Federación Galega de Atletismo. A participación está aberta a deportistas federados e non federados, cunha carreira feminina e outra masculina. Haberá premios para os gañadores e o resto de integrantes de ambos os podios.