luns, 14 de novembro de 2016

O KENYANO KIPJUMPA, VENCEDOR DA CLÁSICA CARREIRA DE NEGREIRA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Titus Kipjumba impúxose hoxe nos 10.000 metros de Galicia con mellor nivel de participantes. A clásica Carreira Popular de Negreira non defraudou ao público que de cando en cando pode ver a atletas africanos por terras galegas. Os dous kenyanos dominaron de principio a fin unha proba na que só outros catro atletas puideron facerlles fronte nos tres primeiros quilómetros: o marroquí Moussaab Hadout, o portugués Nuno Filipe Ribeiro, o marroquí afincado en Ourense Hassan Lekhili e o leonés Iván Cánovas, quen completaron os seis primeiros postos da xeral.

O segundo galego, tras Lekhili foi Luis Iglesias , sétimo cun tempo de 31 minutos e 59 segundos, seguido de Iván Docampo e do sonense Rubén Caamaño, tras o cal entrou Cristian Muíño, o vencedor da CorreSan 2016. Entre os locais, o primeiro foi Luis Calvo Castro, que entrou décimo terceiro con 34.10. Segundo foi Rubén Martínez Maio, e terceiro Jorge Crespo Arias.

Dentro do apartado feminino, triunfo para Kaoutar Boulaid, kenyana que entrou décimo cuarta na xeral cun tempo de 34.22. Segunda foi o seu compatriota Nazha Machrouh, décimo novena na xeral e, terceira foi a portuguesa Marisa Barros (35.30) e posto 26 na xeral. Cuarta foi a venezolana Joselyn Daniely Brea, a vencedora en Santiago, no posto 31, seguida da lusa Clarisse Cruz, posto 61 e, sexta foi Daniela Sousa. A primeira galega foi Rocío Alvite, atleta de Mazaricos que entrou o posto 76 cun tempo de 37.35 e oitava foi Raquel Suárez, no posto 98 da xeral. No apartado local, venceu Irma Oroña, seguida de Laura Liñares e de Mercedes Freire.Por categorías, en sénior o primeiro posto foi para Iván Docampo e Raquel Suárez. En promesa masculino, triunfo para o negreirés Youssek Kouaou, e en mulleres gañou Carla Penabad. En júnior o gañador foi Borja Castro. En veteranos, triunfo para o negreirés Luis Calvo e a atleta Yohana Torres.

En total participaron máis de 680 atletas na proba reina, aínda que no computo xeneral das cinco carreiras foron 1.700 os participantes que se deron cita na vila de Negreira, cunha climatoloxía idónea e unha gran ambiente vivido desde primeira hora da mañá.