As rúas da Pobra do Caramiñal acollerán, o próximo 28 de agosto, a segunda edición do Memorial Jesús Huerta . Os organizadores da cita, que correrá a cargo da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, aproveitarán a ocasión para homenaxear á campioa de España de lanzamento de disco Anxos Barreiro Rico.
Esta proba tamén forma parte do primeiro Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte, evento que está composto por un total de catro citas e que terminará o 4 de decembro coa duodécima edición da Carreira Popular Mar de Boiro. As outras dúas competicións realizaranse en Rianxo e Ribeira. Aquelas persoas que estean interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición nas páxinas web.
Os mozos que intervirán nas categorías chupete e prebenjamines terán que apuntarse na casa de cultura da Pobra ou chamando ao teléfono móbil 619 229 946.
ArranqueAs diversas probas arrincarán ás 10.45 horas para os máis pequenos, mentres que os adultos empezarán ás 11.30. O punto de saída será a rúa da Paz, mentres que a meta se situará na praza Maior. Para rematar, a entrega de trofeos realizarase ás 13.30. Os gañadores da carreira absoluta recibirán 175 euros pola vitoria.