A alcaldesa de Betanzos María Barral, o Concelleiro de Deportes Andrés Hermida e a internacional Paula Mayobre madriña da proba con directivos do Club ” As vellas non paramos” presentaban o pasado mércores a Volta á Ría de Betanzos.
A proba de 21km con saída e chegada en Betanzos, pasando por Bergondo e Paderne levará a cabo o Domingo día 5 e mantén as súas inscricións abertas ata o vindeiro mércores día 1.
A aresa Paula Mayobre que ademais participará na proba será unha das maiores favoritas e preséntaselle un gran test para a súa preparación internacional.
Como en pasados anos haberá varios avituallamientos durante o percorrido, cruzando paraxes como o Pazo de Mariñán ou a propia ponte do Pedrido, cortado ao tráfico durante o paso de corredores pola dirección Xeral de Tráfico para a ocasión.
Ademais de premios económicos a organización entregará medalla e camiseta conmemorativa da proba e un petisco na chegada para tod@ s os participantes.