mércores, 8 de marzo de 2017

O PORRIÑO APUNTA A 2.500 ATLETAS NA INTERRUNING (Fonte: www.atlantico.net)

A Interruning do Porriño é unha proba de éxito. A cita chegará o vindeiro domingo á undécima edición cunha participación prevista de, aproximadamente, 2.500 atletas, dos cales máis de 1.500 tomarán a saída na carreira principal de 10.000 metros. 

O concello do Porriño acolleu onte a presentación da proba coa presenza da alcaldesa Eva García de la Torre e os organizadores dun evento que presenta varias novidades. No aspecto competitivo, a organización optou por incluír a opción de afrontar unha proba curta de 5.000 metros -unha volta ao circuíto-, para os amantes das distancias baixas. Na xornada de onte, esta modalidade superaba os 150 inscritos. 

Mantéñense, como en anos anteriores, as carreiras para categorías inferiores, cuxa distancia estará adaptada á idade dos participantes. Os benjamines abrirán a xornada atlética (10:00 horas) cunha carreira de 800 metros. A cita finalizará coa carreira de 'chupetes' ás 13:00 horas e a competición central para adultos sobre 10.000 metros está prevista para as 11:40 horas. 

No capítulo de novidades tamén destaca a presenza na Interruning do Porriño de 24 presos do cárcere da Lama, todos eles en réxime de terceiro grao. 13 serán voluntarios da organización e 11 se calzarán as zapatillas para disputar a proba. 

A cita do Porriño caracterízase por ser unha das máis rápidas do calendario galego cun trazado plano con escasos desniveis. Debido a isto, os corredores populares atopan nela o lugar perfecto para tentar facer o seu mellor marca sobre a distancia dos 10 quilómetros. 

Na categoría masculina, o arzuán Lolo Penas partirá como principal favorito á vitoria, mentres que na feminina o prognóstico é máis aberto. As interrogantes desvelaranse o vindeiro domingo no centro do Porriño.

Fonte: www.atlantico.net