A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Corte Inglés, e a colaboración do Concello de Vigo, organizan a 10ª Carreira Popular Vigo+11 "Trofeo O Corte Inglés", baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices. A data da proba será o 5 de novembro, con saída e meta na rúa Concepción Arenal, esquina Luís Taboada.
A proba está dirixida a atletas federados e non, que poderán tramitar a súa inscrición ata o día 2 de novembro cubrindo o boletín de inscrición no Corte Inglés de Vigo, na Planta 5ª, de 11.00 a 21.00 horas, ou a través da
web (nese caso o prazo conclúe ás 24.00 horas).
A cota de inscrición será de 7 euros, excepto para as categorías sub8, sub10, sub12, sub14, sub16 e sub18. O ritmo de inscricións marcha a bo ritmo e por agora xa son case 500 os atletas inscritos na categoría absoluta.
O percorrido da proba será: Concepción Arenal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Carral, Marqués de Valladares, Colón, García Barbón, Isaac Peral, Areal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Cánovas do Castelo, Beiramar, As Ánimas, Tomás Alonso, Coruña, Centro Comercial Travesas, parte dereita Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Colón e, de novo, Arenal.