O Circuíto Coruña Corre celebrará a súa penúltima carreira da edición de 2022, a do Ventorrillo, o domingo 6 de novembro e aínda estás a tempo de apuntarte.
Unha borrasca propiciou o adiamento da proba o 23 de outubro e abriu un novo período de inscrición.
O prazo para apuntarse ao Ventorrillo conclúe ás 23:59 horas do domingo 30 de outubro.
Por agora son case 1.900 as persoas inscritas á proba, máis de 950 na absoluta e preto de 500 na de peques.