domingo, 24 de abril de 2016

O XOVES, ÚLTIMO DÍA PARA APUNTARSE NA CARREIRA DE PANTÓN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O Concello de Pantón ultima detalles para a edición número dezaseis da Carreira Popular Rota do Románico, que se correrá este sábado en Ferreira. O prazo para inscribirse como participante se pecha o xoves.

Hai tres posibilidades para apuntarse. A inscrición pode formalizarse no segundo piso do edificio sociocultural de Ferreira, mediante un correo electrónico á dirección culturapanton@hotmail.com co nome e apelidos do corredor, data de nacemento, club ao que pertence e lugar de procedencia, ou directamente na páxina web.