xoves, 27 de outubro de 2016

OS CIRCÍTOS DE CARREIRAS POPULARES VAN DANDO A COÑECER ÓS SEUS GAÑADORES

Co remate practicamente da tempada  atlética, vaise póñendo de igual modo punto e peche a unha serie de Circuitos de Carreiras Populares que ao longo das distintas provinzas e concellos viñeron desenvolvendose no noso calendario.

Por provinzas e comezando ca Coruña  contaríamos co IV Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña que ainda se está desenvolver a falta de cinco probas, o III Circuito Correndo pola Costa da Morte cuios gañadores absolutos foron  Rocío Alvite e Michel Antelo,  e o V Circuito Corresán de Santiago na que se imporían Lara Buig e Cristian Muiño. Por último nesta mesma provinza tamén contariamos co IV Circuito Coruña Corre que tería en Noelia Papín e Abdelaziz Fatihi os gañadores desta edición.

A provinza de Ourense organizaría o  Correndo por Ourense (CxOu 2016) na que Sonia Teijeiro e Rubén Diz serían os máis regulares das seis probas que formarían  o mesmo.

Xa por último na provinza de Pontevedra Leticia Fernández e Iván Docampo imporíanse na  IV Circuito de Carreiras Pedestres Pontevedra (CCCP-2016) cuia primeira proba botaría a andar no mes de xaneiro para rematar a última, no de Outubro.