xoves, 5 de abril de 2018

OS CONCELLOS FAN BALANCE DE CORRRENDO POLA COSTA DA MORTE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Técnicos deportivos e alcaldes implicados no circuíto de atletismo referente da comarca reuníronse onte en Vimianzo para avaliar a evolución e repercusión da iniciativa desde a súa creación ata a actualidade. Todos resaltaron os resultados positivos en cifras de participación e, así mesmo, acordaron repetir esta xunta todos os anos antes do inicio de cada edición para ir mellorando ata convertelo en referente a nivel provincial.